No núcleo da NGC 6752

Créditos: ESA/Hubble, NASA

Explicación: esta precisa vista do Telescopio Espacial Hubble olla no profundo interior da NGC 6752. Preto de 13.000 anos luz cara o sur da constelación de Pavo, o cúmulo estelar globular percorre o halo da nosa galaxia Vía Láctea. Con máis de 10.000 millóns de anos de idade, a NGC 6752 contén máis de 100.000 estrelas nunha esfera de preto de 100 anos luz de diámetro, se ben a imaxe abrangue máis ou menos 10 anos luz e discrimina as estrelas preto do denso corazón do cúmulo. De feito o encadre inclúe algunhas das estrales azuis rezagadas, estrelas que parecen ser demasiado xoves e masivas para existir nun cúmulo no que se esperaría que as estrelas foran igual de vellas que o Sol. As exploracións da NGC 6752 indicaron tamén que unha notable fracción das estrelas preto do corazón da núcleo son sistemas estelares múltiples, confirmando os argumentos de que as fusións e as colisións estelares nun entorno estelar denso poden crear as estrelas azuis rezagadas do cúmulo.

Texto orixinal no APOD.