Sputnik Planum en Plutón

 sputnikplanum_newhorizons_960Créditos da imaxe: NASA, Johns Hopkins U./APL, Southwest Research Inst.
Explicación: hai un océano por baixo de Sputnik Planum en Plutón? A estrañamente chaira extensión dourada de 1000 km de anchura, que se pode ollar na imaxe publicada da New Horizons, parece segmentada en células de convección. Pero como se creou esta rexión? Agora, unha hipótese sostén que a resposta está nun gran impacto que remexeu un océano subterráneo de auga salgada cuns 100 quilómetros de grosor.  A imaxe publicada de Sputnik Planum, parte da zona máis grande con forma de corazón Tombaugh Regio, foi tirada o pasado xullo e amosa detalles auténticos en cores esaxeradas. Aínda que a nave espacial automática New Horizons xa marchou para unha nova aventura, seguen a facerse modelos informáticos deste abraiante accidente xeográfico da superficie de Plutón que probablemente leve a ideas máis refinadas sobre o que se atope por baixo.