As estrelas e o gas da nebulosa do Polo Corredor

IC2944_Campbell_960Créditos da imaxe e copyright: Andrew Campbell
Explicación: para algúns, seméllase a un polo xigante correndo polo ceo. Para outros, parécesa a unha nebulosa gasosa onde ten lugar a formación estelar. A nebulosa do Polo Corredor, catalogada coma IC 2944, abarca uns 100 anos luz e atópase a uns 6.000 anos luz de distancia cara a constelación do Centauro (Centaurus). A imaxe publicada, que se amosa en cores asignadas cientificamente, foi captada recentemente nunha exposición de 11 horas desde o patio dunha casa preto de Melbourne (Australia).Poden ollarse dous cúmulos estelares: o cúmulo da Pérola no extremo esquerdo e Collinder 249, incrustado no gas brillante da nebulosa. Aínda que difícil de albiscar aquí, poden atoparse no interior da nebulosa varias nubes moleculares escuras con formas características.