A gran nebulosa Carina

Trumpler14c_ward700sCréditos da imaxe e copyright: Peter Ward (Barden Ridge Observatory)
Explicación: a gran nebulosa Carina, unha xoia do ceo meridional e coñecida tamén coma NGC 3372, espállase uns 300 300 anos luz, sendo unha das rexións de formación estelar máis grandes da nosa galaxia. A nebulosa Carina, como a máis pequena e máis norteña a gran nebulosa de Orión, pode ollarse de xeito sinxelo a simple vista, aínda que a unha distancia de 7.500 anos luz está unhas 5 veces máis lonxe. Esta excepcional primeiro plano telescópico desvela detalles destacados dos filamentos brillantes da rexión central de gas interestelar e nubes de po cósmico escurecedor. O campo de vista ten uns 50 anos luz de diámetro. A nebulosa Carina é o fogar de estrelas masivas novas e moi masivas, incluíndo ás estrelas do cúmulo aberto Trumpler 14 (por baixo e á dereita do centro) e a aínda enigmática variable Eta Carinae, unha estrela cunhas 100 veces a masa do Sol. Eta Carinae é a estrela máis brillante, ollándoa aquí xusto por riba da poeirenta nebulosa do Pecho (NGC 3324). Mentres poida que a propia Eta Carinae estea a piques de explosionar en forma de supernova, as imaxes en raios X indican que a gran nebulosa Carina ten sido de certo unha fábrica de supernova.