As nebulosas Norteamérica e Pelícano

PelicanNorthAmerica_Etcheverry_960Créditos da imaxe e copyright: Ezequiel Etcheverry
Explicación: aquí atopamos formas familiares en lugares non familiares. Á esquerda hai unha nebulosa de emisión catalogada coma NGC 7000, famosa en parte porque lembra ao continente de Norteamérica do noso fermoso planeta. A rexión de emisión da dereita da nebulosa Norteamérica é IC 5070, tamén coñecida polo seu suxerente perfil como a nebulosa Pelícano. As dos nebulosas brillantes, afastadas por unha nube escura de po escurecedor, están a uns 1.500 anos luz de distancia. A esa distancia, os 4 graos do campo de visión abarcan 100 anos luz. Este retrato cósmico espectacular combina imaxes de banda estreita para salientar as brillantes frontes de ionización con detalles finos de formas escuras e poeirentas en silueta. A emisión do hidróxeno, xofre e osíxeno atómicos cáptase na imaxe de banda estreita en cores asignadas cientificamente. Estas nebulosas poden ollarse con binoculares desde unha localidade escura.