Faragullos da nebulosa do velo

Créditos da imaxe e copyright: Joaquin Ferreiros

Explicación:xiróns como estes son todo o resto visible dunha estrela da Vía Láctea. Hai preto de 9.000 anos que a estrela estoupou nuna supernova deixando a nebulosa do Velo, tamén coñecida como Lazo do Cisne. Nese momento, a nube en expansión era tan brillante como unha Lúa crecente, sendo visible durante semanas para a xente que viviu no alborecer da historia rexistrada. Hoxe, o remanente de supernova desapareceu e é agora visible só mediante pequenos telescopios dirixidos cara á constelación do Cisne (Cygnus). A nebulosa do Velo remanente é físicamente enorme, e ainda que queda a preto de 1.400 light-years distancia, abrangue cinco veces o tamaño da Lúa chea. En imaxes como estas da nebulosa do Velo completa os lectores estudiosos son quen de identificar algúns dos filamentos individuais. Un brillante xirón á dereita é coñecido como a nebulosa Vasoira da Meiga.

Texto orixinal no APOD.