A fada da Nebulosa da Aguia

fairypillar_hubble_900Créditos da imaxe: The Hubble Heritage Team, (STScI/AURA), ESANASA
Explicación: as esculturas de po da Nebulosa da Aguia están a evaporarse. Mentres a potente luz estelar esculpe estas frías montañas cósmicas, os impoñentes piares que fican poden imaxinarse coma bestas míticas. Na imaxe superior hai un dos diferentes e impactantes piares de po da Nebulosa Aguia que podería describirse coma unha fada alieníxena xigante. Pero esta fada ten dez anos luz de altura e cuspe radiación moito máis quente cá un lume. A gran Nebulosa Aguia, M16, é realmente unha enorme capa de gas e po en evaporación no interior da cal hai unha cavidade en crecemento recheo cunha gardería estelar espectacular que actualmente está a formar un cúmulo aberto de estrelas. A imaxe superior en cores cientificamente reasignados foi publicada en 2005 coma parte da celebración do décimo quinto aniversario do lanzamento do Telescopio Espacial Hubble.
Texto orixinal no APOD.