
Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, University of Arizona Explicación: a
colorida NGC 1579 aseméllase a máis coñecida Nebulosa Trífica, pero atópase moito máis lonxe do norte no ceo do planeta Terra, na constelación heroica de
Perseo. A uns 2.100 anos luz de distancia e con 3 anos luz de tamaño, NGC 1579 é,
coma a Trífida, un estudo de cores vermello e azul que contrastan, con prominentes corredores escuros nas zonas centrais da nebulosa. En ámbalas dúas, o po reflicte a luz estelar para producir fermosas
nebulosas de reflexión azuis. Pero, a diferenza da Trífida,
en NGC 1579 o brillo avermellado non é unha emisión das nubes de gas
hidróxeno brillante excitado pola luz ultravioleta procedente dunha estrela quente achegada. En vez diso, o po de NGC 1579 diminúe drasticamente, arroxándose e difundindo a luz desde unha
estrela masiva e moi nova,
incrustada, unha potente emisora por si soa da característica luz vermella do hidróxeno alfa.
Texto orixinal no APOD.