Créditos da imaxe e copyright: Tom O’DonoghueExplicación: por que o ceo preto de
Antares e Rho Ophiuchi é tan colorido? As cores resultan dunha mestura de obxectos e procesos. A po miúdo iluminado da parte dianteira pola luz estelar produce
nebulosas de reflexión azuis. As nubes gasosas con átomos excitados pola luz estelar ultravioleta produce
nebulosas de emisión avermelladas. As nubes de
po alumeadas por detrás bloquean a luz estelar e por iso
apparecen escuras.
Antares, unha
superxigante vermella e unha das
estrelas máis brillantes do ceo nocturno, alumea as nubes amarelo-vermellas da parte central inferior.
Rho Ophiuchi está no centro da nebulosa azul preto do alto. O afastado
cúmulo globular M4 está visible xusto á dereita de
Antares, e na parte inferior esquerda da nube vermella que envolve
Sigma Scorpii. Estas nubes estelares aínda son máis
coloridas do que os humanos poden ver, xa que emiten luz ao través do
espectro electromagnético.
AstroGalicia 2012: Encontro galego de Astronomía. Xa podes apuntarte!
Texto orixinal no APOD.