Ahuna Mons en 3 dimensións

PIA20349_fig1c1024Créditos da imaxe: NASA, JPL-Caltech, UCLA, MPS/DLR/IDA
Explicación: pilla os teus lentes vermellos/azuis e contempla Ceres e a misteriosa montaña Ahuna Mons. O mosaico de imaxes, que se amosa nunha vista en perspectiva, un anaglifo 3D, foi captado en decembro de 2015, tomado desde a órbita de cartografado a baixa altitude da nave espacial Dawn a uns 385 quilómetros por riba da superficie do planeta anano. Un accidente xeográfico destaca con forma de cúpula sobre Ceres, con ladeiras inclinadas e lisas; Ahuna Mons ten uns 20 quilómetros de diámetro na súa base, erguéndose unha media de 4 quilómetros ata un cumio plano. Cun tamaño semellante ás montañas que se atopan no planeta Terra, non hai outro rasgo da superficie de Ceres tan alto e ben definido. Non se coñece o proceso que formou o solitario Ahuna Mons, ou se o material brillante que raia o seu lado máis inclinado é do mesmo material responsable das famosas manchas brillantes de Ceres.