Unha rocha escorregadiza no Val da Morte

Créditos da imaxe: Nathan Alexander, Wikipedia
Explicación: como rematou esta gran rocha neste estraño terreo? Un dos lugares máis inhabituais aquí na Terra atópase no interior de Death Valley (N.T.: o Val da Morte), California, EUA. Alí existe o fondo dun lago enxoito denominado Racetrack Playa que é case perfectamente chairo, coa estraña excepción dalgunhas pedras moi grandes, unha das cales está fotografada arriba. Agora, o chairo e a textura dun gran lago seco como Racetrack son fascinantes pero non cientificamente misteriosos; son provocados polos fluxos de lama, secados e rachados tras unha forte chuvia. Porén, só recentemente unha hipótese cientificamente viable deu coa explicación de como pedras escorregadizas de 300 quilogramos remataron preto do medio desa gran superficie chaira. Desfortunadamente, como acontece a miúdo na ciencia, un aparentemente surreal problema termina tendo unha solución relativamente mundana. Resulta que ventos fortes tras unha chuvia poden empurrar incluso rochas pesadas ao través de fondos de lagos temporalmente esvaradíos.

Texto orixinal no APOD.