Lúas, aneis, sombras, nubes: Saturno (Cassini)


Créditos da imaxe: NASAJPL-CaltechSpace Science Institute
Explicación: cando andes de viaxe ao redor de Saturno, fica alerta para ollar superposicións pintorescas de lúas, aneis e sombras. Unha disposición bastante pintoresca ocorreu en 2005 e foi captada pola sonda espacial Cassini, daquela orbitando Saturno. Na imaxe publicada, poden verse as lúas Tetis e Mimas a cada beira dos finos aneis de Saturno, que están case de canto. Cruzando a parte superior de Saturno hai sombras escuras dos amplos aneis, amosando a súa impresionante complexidade. A imaxe en luz ultravioleta outorga a textura do fondo: as nubes de Saturno. A Cassini orbitou Saturno desde 2004 ata setembro do ano pasado, cando a nave automática foi dirixida a mergullarse en Saturno para evitar calquera contaminación das lúas.