As estacións de Saturno

As estacións de SaturnoCréditos da imaxe: R. G. French (Wellesley Collegeet al.NASAESA e o Hubble Heritage Team (STScI/AURA)
Explicación: como o eixe de Saturno está inclinado mentres orbita ao Sol, Saturno ten estacións coma as do planeta Terra… pero as estacións de Saturno duran uns sete anos. Asi que, cal é a estación que hai agora en Saturno? Orbitando o ecuador, a inclinación dos aneis de Saturno proporciona unha representación estacional bastante gráfica. Cada ano ata 2016, os aneis de Saturno iranse facendo máis aparentes pouco a pouco despois de aparecer casi de canto en 2009. O planeta anelado tamés está ben posicionado nos ceos vespertinos proporcionando unha gran visión mentres o verán chega ao hemisferio setentrional de Saturno e o inverno ao meridional. O Telescopio Espacial Hubble tirou a secuencia superior de fotografías case cada ano, comezado pola esquerda en 1996 e rematando á dereita en 2000. Aínda que parecen sólidos, os aneis de Saturno probablemente teñen menos de 50 metros de grosor e están formados por anaquiños individuais de xeo e rocha en órbita cuns tamaños que van desde o gran de area ata penedos do tamaño dun almacén.

Texto orixinal no APOD.