O meteorito de Sutter Mill

Créditos da imaxe: P. Jenniskens (SETI Institute) and Eric James (NASA Ames)

Explicación: ao redor das 7:21 da mañanciña do domingo pasado, unha brillante bola de fogo que caíu o través dos ceos de California e Navada produciu varios caía en los cielos de California y de Nevada produjo varios chasquidos sónicos sobre unha extensa área. As estimacións indican que o meteorito tiña aproximadamente o tamaño dunha pequena furgoneta. O astrónomo Peter Jenniskens acadou con posterioridade estes anacos esnaquizados de meteorito, dunhs 4 gramos, o segundo achádego deste meteorito, no aparcamento do parque Henningsen-Lotus, non moi lonxe de Sutter Mill. Agora coñécese como meteorito de Sutter Mill, lugar famosos pola súa asociación coa febre de ouro californiana. O meteorito tamén pode ser ouro para o astrónomo. Pénsase que é unha extrana condrita carbonosa de tipo CM, un tipo rico en compostos e semellante ao meteorito de Murchison. Para rastrexar a órbita do meteorito e os detalles da súa casptura, así como para localizar máis fragmentos, os científicos tamén procuran grabacións de vídeo. As cámaras de seguridade dunha zona ampla poden ter captado a bola de fogo, por exemplo, en California (a bahía de San Francisco, Los Ángeles, e preto de Redding), en Nevada (área de Reno e Tonopah) ou, incluso, no sur de Oregón e preto de Salt Lake City (Utah). Se ten imaxes de vídeo do evento, por favor, empregue a información de contacto nesta ligazón.

Texto orixinal no APOD.