Créditos da imaxe e copyright: Juan Carlos Casado
Explicación: miraches algunha vez Mercurio? Debido a que Mercurio orbita tan preto do Sol nunca anda lonxe del no ceo da Terra. Se vai tirado polo Sol Mercurio será visible baixo no horizonte por un tempo cortiño despois do solpor. Se vai por diante do Sol Mercurio será visible brevemente antes do amencer. De xeito que cartas veces ao ano un pescudador do ceo informado e con un pouco de determinación podería xeralmente coller Mercurio dende un lugar dado e con un horizonte claro. Enriba temos un bo feixe de determinación combinado con un truco dixital para mostrarnos as sucesivas localizacións de mercurio durante marzo de 2000. Cada fotografía foi tomada dende a mesma localización en España cando o Sol estaba 10 graos por debaixo do horizonte e superposto co solpor máis fotoxénico. Neste momento Mercurio é visible no ceo occidental despois do solpor pero desaparecerá no resplandor do Sol despois duns días.
