Lúa e Venus no mencer



Copyright e créditos da imaxe: Tunç Tezel (TWAN)

Explicación: Un brillante Venus e unha delgada Lúa crecente coincidiron sobre o horizonte oriental xusto antes da saída do Sol o 30 de xuño. A fermosa parella celeste foi fotografada nesta visión da bóveda celeste, unha colorida penumbra sobre un encoro preto de Izmir, Turquía. Para algúns, a estreita conxunción pode ser vista coma unha ocultación a pleno día. Mentres Venus está rematando o seu último acto como luceiro do mencer do planeta Terra, o crecente luar, pasadas preto de 24 horas da fase de Lúa Nova, iniciou a súa despedida por agora do mencer. En efecto, nas vindeiras dúas noites unha moza Lúa pode ser atopada tralo solpor. Buscade unha estreita tira prateada iluminada polo Sol preto do horizonte occidental, non moi lonxe dun brillante planeta Mercurio.

Texto orixinal no APOD.