Mirando ao través de Abell 68

abell68_hubble900label

Créditos: NASAESAHubble Heritage/ESA-Hubble Collaboration - Agradecementos: Nick Rose

Explicación: queres usar un cúmulo de galaxias coma un telescopio? É máis sinxelo do que poderías pensar xa que os cúmulos de galaxias afastados actúan de xeito natural coma potentes lentes gravitacionais. De acordo coa teoría da relatividade xeral de Einstein, a masa do cúmulo gravitacional, dominado pola materia escura, dobra a luz e crea imaxes ampliadas e distorsionadas de galaxias aínda máis afastadas que están por detrás. Esta definida imaxe en infravermellos do Hubble ilustra o caso do cúmulo de galaxias Abell 68 coma un telescopio gravitacional, explorado polo astrónomo afeccionado Nick Rose durante a competición de procesado de fotografías Tesouros Agochados da ESA-Hubble. Colocando o teu cursor sobre a imaxe resáltanse as etiquetas da escena. As etiguetas 1 e 2 amosan dúas imaxes amplificadas da mesma galaxia do fondo. A imaxe distorsionada da galaxia etiquetada 2 parécese a un invasor espacial de época! A etiqueta 3 marca unha galaxia integrante do cúmulo que non está amplificada gravitacionalmente, despoxada do seu propio gas mentres se abre camiño polo denso medio intergaláctico. A etiqueta 4 inclúe moitas galaxias do fondo fotografadas coma raias alongadas e arcos. O propio Abell 68 está a uns 2,1 mil milóns de anos luz de distancia cara a constelación Vulpecula. A zona central do cúmulo cuberta na imaxe do Hubble abarca uns 1,2 millóns de anos luz.

Texto orixinal no APOD.