Cúmulo masivo de galaxias “El Gordo”

Cúmulo masivo de galaxia El GordoCréditos da imaxe: NASA, ESA, J. Jee (UC Davis) et al.
Explicación: é máis grande ca unha paneira. De feito, é moito máis gran que todas as paneiras postas xuntas. O cúmulo de galaxias ACT-CL J0102-4915 é un dos obxectos máis grandes e masivos coñecidos. Alcumado “El Gordo”, o cúmulo de galaxias a sete mil millóns de anos luz (z = 0,87) de distancia abarca uns sete millóns de anos luz e alberga a masa de un milleiro de billóns de soles. A imaxe superior de El Gordo é unha composición nunha imaxe en luz visible do Telescopio Espacial Hubble, unha imaxe de raios X do Observatorio Chandra que amosa o gas quente en rosa e un mapa xerado por ordenador que amosa o distribución máis probable de materia escura en azul, calculado a partires das distorsións de lente gravitatoria das galaxias do fondo. Case todos os puntos brillantes son galaxias. A distribución de materia escura azul indica que o cúmulo está nas etapas intermedias dun colisión entre dou cúmulos de galaxias grandes. Unha inspección coidadosa da imaxe desvelará unha galaxia case vertical que parece estrañamente longa. A galaxia está en realidade ao lonxe no fondo e ten o seu aspecto estirado pola acción de lente gravitatoria do masivo cúmulo.