Escuras fervenzas de area en Marte

Créditos da imaxe: HiRISE, MRO, LPL (U. Arizona), NASA

Explicación: poden semellar árbores marcianas, pero non o son. Uns grupos de raias de cor marrón escuro foron fotografadas pola Mars Reconnaissance Orbiter nesta fusión das dunas de area rosada cubertas con unha delgada xeada. A imaxe superior foi tirada en abril de 2008 preto do polo norte marciano. Nesa época, a area escura do interior das dunas marcianas de area faise máis a máis visible a medida que o o Sol de primaveira funde a delgada capa de xeo de dióxido de carbono. Cando eso ocorre na parte alta da da duna, a area escura pode caer formando unha fervenza que descende a duna, deixando raias escuras superficiais, raias que poden ao principio semellar arbores levantados diante das rexións iluminadas, pero que non proxectan sombra ningunha. Esta imaxe ten unha resolución para obxectos de 25 centímetros e abrangue un kilómetro. Algúns primeiros planos desta imaxe mostra penachos ondulantes que indican que o deslizamento de area estaba ocurrindo xusto cando foi tirada a fotografía.

Texto orixinal no APOD.