Explicación: o 25 de xaneiro (TU) de 2004, o todoterreo Opportunity caeu en Marte, cumpríndose hoxe o décimo aniversario da súa aterraxe. Despois de máis de 3.500 soles (días solares de Marte) o robot procedente da Terra, do tamaño dun cocheciño de golf, aínda está a explorar de xeito activo o Planeta Vermello, a pesares de que o plan orixinal da misión era de tres meses. Este auto-retrato fíxose coa cámara panorámica do Opportunity a comezos deste mes. O mastro que suxeita a cámara eliminouse do mosaico de imaxes pero pode verse a súa sombra sobre os paneis solares poeirentos que se dispoñen por toda a cuberta do todoterreo. En comparación, un auto-retrato semellante de finais de 2004 amósase no recadro. Tendo conducido uns 39 quilómetros (24 millas) desde o seu lugar de aterraxe, o Opportunity descansa agora en Solander Point á beira do Cráter Endeavour.