O sexteto de Seyfert

O sexteto de SeyfertCréditos da imaxe: Hubble Legacy Archive, NASA, ESA Procesado de licenza: Judy Schmidt
Explicación: que sobrevivirá desta batalla de galaxias? Coñecido coma o Sexteto de Seyfert, este intrigante grupo de galaxias atópase na parte da cabeza da constelación partida da Cóbrega (Serpens). Aínda que realmente o sexteto contén só catro galaxias en interacción. Preto do centro desta imaxe do Telescopio Espacial Hubble, a pequena galaxia espiral de face está no fondo afastado e parece aliñarse co grupo principal só por casualidade. Ademais, a condensación que se destaca da parte superior esquerda probablemente non é ningunha galaxia separada senón unha cola de marea de estrelas expulsadas polas interaccións gravitatorias das galaxias. A uns 190 millóns anos luz de distancia, as galaxias en interacción están moi apertadas no interior dunha rexión duns 100.000 anos luz de diámetro, comparable ao tamaño da nosa galaxia Vía Láctea, facendo deste un dos grupos galácticos máis denso coñecido. Ligado pola gravidade, o grupo unido pode fusionarse nunha única gran galaxia nos vindeiros miles de millóns de anos.