AR1520: illas na fotosfera

Créditos da imaxe e copyright: Alan Friedman (Averted Imagination)

Explicación: asulagadas nun mar de plasma e ancoradas en campos magnéticos, as manchas solares teñen o tamaño de planetas, escuras illas na fotosfera solar, a superficie do Sol. Escuras, ao seren lixeiramente máis frías que a superficie do redor, este grupo de manchas solares foi fotografado en primeiro plano nesta instantánea telescópica do 11 de xullo. O campo de visión abrangue preto de 100.000 millas [n. do t.: aproximadamente 161.000 km]. Atópase no centro da rexión activa AR1520, que agora está cruzando a cara visible do Sol. De feito, unha labarada solar e a súa exección de masa coroal de clase X erupcionou dende AR1520 o 12 de xullo, liberando parte da enerxía almacenada na rexión afectada polos campos magnéticos. Orientada dese xeito, espérase que a masa coroal chegue hoxe, podendo producir tormentas xeomagnéticas. Como resultado podería ocurrir que esta fin de semana algunha aurora adorne os ceos da Terra, coincidindo coa conxunción, na madrugada do domingo, da Lúa crecente e os brillantes planetas.

Texto orixinal no APOD.