Créditos da imaxe e copyright: Bjørn JørgensenExplicación: que é iso do ceo? Unha aurora. Hai cinco días, aconteceu no Sol unha gran
expulsión de masa coronal,
guindando unha nube de electróns rápidos, protóns e ions
cara a Terra. Aínda que a maior parte desta
nube pasou por riba da Terra, parte dela impactou na nosa
magnetosfera terrestre e resultou en
auroras espectaculares que se ollaron nas elevadas latitudes setentrionais. Enriba fotografouse unha
coroa auroral particularmente fotoxénica captada a pasada noite sobre Grotfjord,
Noruega. Para algúns, este
brillo verde escintilante de
osíxeno atmosférico recombinado podería parecerse a unha gran
águia, pero síntete libre de
compartir o que che parece a ti. Esta rolda de actividade solar aínda non rematou; unha labarada solar nova e aínda máis potente ocorreu
onte que podería porporcionar
auroras máis abraiantes tan pronto coma esta noite.
Texto orixinal no APOD.