M82: a galaxia cun vento supergaláctico

M82: Galaxia con un viento supergaláctico

Créditos da imaxe: NASA, ESA, The Hubble Heritage Team, (STScI/AURA)
Recoñecementos: M. Mountain (STScI), P. Puxley (NSF), J. Gallagher (U. Wisconsin)

Que é o que alumea a galaxia del Cigarro? A M82, como tamén é coñecida esta galaxia irregular, axitouse por causa do seu recente paso preto da gran galaxia espiral M 81. Sen embargo, eso non explica a fonte de gas en expansión de brillante cor avermellada. As evidencias recentes indican que este gas está impulsado polos ventos de partículas combinados que emerxen dende moitas estrellas e que crean un vento super galáctico. A composición fotográfica destaca unha cor específica da luz vermella emitida con forza polo gas hidróxeno ionizado, e mostra os detallados filamentos deste gas que se estenden por máis de 10.000 anos luz. A galaxia do Cigarro, que se atopa a 12 millóns de anos luz de distancia, é a galaxia máis brillante no ceo en luz infravermella. Pódese ollar en luz visible cun pequeno telescopio na constelación da Osa Maior (Ursa Major).

Texto orixinal no APOD.