Mimas á luz de Saturno


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.
Créditos da imaxe: Cassini Imaging Team, SSI, JPL, ESA, NASA
Explicación: mirando desde as sombras, o hemisferio de Mimas orientado a Saturno atópase case na escuridade agás un espectacular crecente alumeado polo sol. O mosaico foi captado preto do achegamento último da nave espacial Cassini do 30 de xaneiro de 2017. A cámara da Cassini foi apuntada case na dirección do sol a só 45.000 quilómetros de Mimas. O resultado é unha das imaxes de máis alta resolución da lúa de 400 quilómetros de diámetro, xeada e marcada de cráteres. Unha versión salientada desvela mellor o hemisferio que mira a Saturno da lúa en rotación síncrona, alumeada pola luz solar reflectida polo propio Saturno. Para vela, esvara o teu cursor sobre a imaxe (ou segue esta ligazón). Outras imaxes de Mimas pola Cassini inclúen ao grande e ominoso cráter Herschel.

Rematamos a xira galega das charlas do APOD do último ano en Pontevedra (Casa da Luz, venres 17 marzo ás 20:00) e Santiago de Compostela (CSC Fontiñas, sábado 25 de marzo, ás 18:00).