A Lúa reúnese con Xúpiter

Créditos da imaxe e copyright: Cristian Fattinnanzi

Os observadores do ceo do enterio planeta Terra disfrutaron da reunión da Lúa con algúns planetas que tivo lugar o 15 de jullo antes do amencer. Mentres que moitos viron o brillante Xúpiter xunto á Lúa minguante, os europeos tiveron tamén a oportunidade de contemplar cómo, a medida que avanzaba a noite, o xigante gasoso pasaba por tras do disco luar e quedaba ocultado pola Lúa. A pesar das nubes ameazantes, esta imaxe de telescopio tomada dende Montecassiano (Italia) mostra ben a Xúpiter despois de sair da ocultación así como a catro dos seus grandes satélites galileanos. A media Lúa iluminada polo Sol está sobreexposta e cara nocturna aparece lixeiramente alumeada polo resplandor da Terra. Alineados de esquerda a dereita máis aló do limbo luar están Calisto, Ganímedes, Xúpiter, Io e Europa. Calisto, Ganímedes e Io son máis grandes que a Lúa da Terra, mintres que Europa é tan só un pouco más pequena.

Texto orixinal no APOD.