Unha aterraxe no planeta Terra

Expedition 36 Soyuz TMA-08M Landing
Créditos da imaxe: NASA, Bill Ingalls
Explicación: cun paracaídas despregado e os retro-foguetes alumando, esta nave espacial aterrou no planeta Terra o 11 de setembro (TU) nunha área afastada preto da cidade de Zhezkazgan, Casaquistán. Perfilada contra o brillo dos foguetes, a nave espacial é unha Soyuz TMA-08M. A súa tripulación, a Expedición 36 do Comandante Pavel Vinogradov e o Enxeñeiro de Voo Alexander Misurkin da Axencia Espacial Federal Rusa (Roscosmos) e o Enxeñeiro de Voo Chris Cassidy da NASA, estaba a voltar tras cinco meses e medio a bordo da International Space Station (Estación Espacial Internacional). Os retro-foguetes da Soyuz arderon moi axiña e cunha duración extremadamente curta preto da aterraxe. A oportuna fotografía, que capta o momento, tirouse desde un helicóptero que voaba sobre o lugar de aterraxe.

Texto orixinal no APOD.