Perseguindo Juno


Créditos da imaxe e copyright: Melissa Christine Kendall
Explicación: agarda por min! En 2011, a misión automática Juno da NASA despegou cara Xúpiter desde Cabo Canaveral (Florida, EUA). A semana pasada, a Juno chegou a Xúpiter e os acendeu os seus motores para converterse na segunda sonda espacial en orbitar ao planeta máis grande do noso Sistema Solar. Juno, que ten asignado o estudo do jxigante xoviano durante os vindeiros dous anos, está nunha órbita enormemente elíptica que o levará preto das Jnubes altas de Xúpiter a finais de agosto. Por suposto, o nenos de tres anos de idade fotografado non foi quen que coller ao foguete. Porén, hoxe, cinco anos despois, ten oito anos e aínda persegue foguetes; e agora quere ser un astronauta.