As nebulosas Corazón e Alma

heartsoul_lindemann_960Créditos da imaxe e copyright: David Lindemann
Explicación: están o corazón maila alma da nosa galaxia situados en Cassiopeia? Posiblemente non, pero aí é onde se poden atopar dúas nebulosas de emisión brillantes alcumadas Corazón e Alma. A nebulosa Corazón, denominada oficialmente IC 1805 e que se pode ollar na dereita da imaxe publicada, ten unha forma que lembra a dun símbolo clásico de corazón. Ámbalas dúas nebulosas brillan moito na luz vermella do hidróxeno que está ionizado. Pola imaxe hai varios cúmulos abertos mozos de estrelas e que se ollan aquí en azul, incluíndo o centro das nebulosas. Á luz lévalle uns 6.000 anos chegar a nós desde estas nebulosas, que xuntas abarcan uns 300 anos luz. Os estudos das estrelas e cúmulos como os atopados nas nebulosas Corazón e Alma centráronse en como se forman as estrelas masivas e como afectan ao seu contornot.