Créditos da Imaxe: Mars Exploration Rover Mission, Cornell, JPL, NASAExplicación: onde deberías pasar o inverno en Marte? Mentres o inverno se achegaba no hemisferio meridional de Marte o pasado novembro, o
todoterreo Opportunity tiña precisamente este problema; necesitaba un lugar ao que ir. A reducida cantidade de luz solar que choca cos paneis solares do
Opportunity combinado coa potencia extra necesaria para
manter morna a instrumentación podería esgotar as súas baterías. Polo tanto, o
Opportunity recibiu instrucións para escalar ao
Porto de Greeley con 15 graos de inclinación, amosado como a pendente
rochosa de diante. O aumento da entrada de enerxía mentres os paneis solares do
Opportunity teñen agora unha
maior exposición á luz solar, á vez que tamén lle dá ao robot rodante algunha paisaxe interesante para explorar.
Visible ao lonxe, máis alá de
Porto Greeley, atópase o amplo
Cráter Endeavour, a antiga conca de impacto que o Opportunity continuará a explorar mentres o
inverno marciano conclúe nuns poucos meses, se sobrevive.
Texto orixinal no APOD.