Arcos, chorros e choques preto de NGC 1999


See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: Mark Hanson
Explicación: este abraiante conxunto de nebulosas e estrelas pode atoparse a uns dous graos ao sur da famosa rexión de formación estelar da nebulosa de Orión. A zona abunda en potentes estrelas novas que producen chorros e fluxos que empurran o material ao seu derredor a velocidades de centos de quilómetros por segundo. A interacción crea frontes de onda de choque luminosas coñecidas coma obxectos Herbig-Haro (HH). Por exemplo, o arco grácil e solto xusto á dereita do centro catalógase coma HH 222, tamén chamada a nebulosa da Fervenza. HH 41, que se ve por baixo da Fervenza, ten unha forma típica de cono. A brillante nebulosa azulada por baixo e á esquerda do centro é NGC 1999, unha nube poeirenta que reflicte a luz procedente dunha estrela variable incrustada. A vista cósmica completa abarca uns 30 anos luz, preto do bordo do Complexo Molecular de Nubes de Orión a uns 1 500 anos luz de distancia.

Ciencia aberta: navega por máis de 1 600 códigos da Astrophysics Source Code Library