M64: a galaxia Ollo Negro

M64; a galaxia Ollo NegroCréditos da imaxe e copyrightMartin PughExplicación: esta fermosa e brillante galaxia espiral é Messier 64, a miúdo chamada a Galaxia Ollo Negro ou a Galaxia da Bela Durminte pola súa aparencia somnolienta en imaxes telescópicas. M64 está a uns 17 millóns de anos luz de distancia na constelación setentrional, por outra parte acicalada, Coma Berenices. De feito, a Galaxia Ollo Vermello tamén podería ser un alcume apropiado nesta composición colorida, feita con imaxes de bandas estreita e ancha. As nubes enormes de po que escurecen o lado achegado da rexión central de M64 están amalloadas cun desvelador brillo avermellado de hidróxeno asociado con rexións de formación estelar. Pero non son as súas únicas características peculiares. As observacións amosan que M64 está composta realmente por dous sistemas de estrelas concéntricos, que xiran en sentidos contrarios, un no interior cun tamaño de 3.000 anos luz e outro que se estende ata uns 40.000 anos luz e rota en sentido oposto. O ollo poeirento e con estraña rotación probablemente é o resultado dunha antiga fusión de dúas galaxias diferentes hai mil millóns de anos.

Texto orixinal no APOD.