NGC 891 contra Abell 347

ngc891vsa347-1024copyrightjuanlozanoCréditos a imaxe e copyright: Juan Lozano de Haro
Explicación: as galaxias abundan neste oportuno campo de visión que abarca un grao do ceo aproximadamente, cara a constelación setentrional de Andrómeda. Na parte superior dereita está a gran galaxia espiral NGC 891, cun diámetro de 100 milleiros de anos luz e que ollamos case exactamente de canto. A uns 30 millóns de anos luz de distancia, NGC 891 parécese moito á nosa propia galaxia Vía Láctea cun disco galáctico delgado e aplanado. O seu disco e o vulto central están cortados ao longo do medio por nubes escuras de po. Máis alá das estrelas da Vía Láctea en primeiro plano e espalladas cara a parte inferior esquerda están os membros do cúmulo galáctico Abell 347. A case 240 millóns de anos luz de distancia, Abell 347 fachendea das súas propias galaxias grandes nesta definida imaxe telescópica. Son semellantes a NGC 891 en tamaño físico pero están localizadas a case 8 veces máis distancia, polo que as galaxias de Abell 347 teñen máis ou menos a oitava parte do tamaño aparente de NGC 891.