
Explicación: poucas volvoretas teñen tan grande envergadura. Os cúmulos brillantes e as nebulosas dos ceos da Terra reciben a miúdo nomes de flores e insectos, e NGC 6302 non é unha excepción. Con una temperatura estimada de 250.000 graos Celsius, a estrela central desta particula nebulosa planetaria é especialmente quente — brillando intensamente en luz ultravioleta pero oculta á ollada directa por un denso toroide de poeira. Este espectacular primeiro plano da moribunda nebulosa estelar foi tirada polo Hubble Space Telescope [Telescopio Espacial Hubble] tras a súa posta ao día no 2009. Cruzado na brillante cavidade de gas ionizado,o toroide de poeira que rodea a estrela central está preto do centro da ilustración, case de canto respecto da liña de visión. Na poeirenta mortalla cósmica da estrela foi detectado hidróxeno molecular. NGC 6302 dista preto de 4.000 anos luz, na aracnolóxicamente correcta constelación de Escorpio (Scorpius).