Mencer da Terra

Earthrise_Apollo8_960Créditos da imaxe: Apollo 8, NASA
Explicación: que está a erguerse sobre o bordo da Lúa? A terra. Hai uns 47 anos, en decembro de 1968, a tripulación da Apollo 8 voaba desde a Terra á Lúa e volvía. Frank Borman, James Lovell e William Anders foron lanzadas no cumio dun foguete Saturno V o 21 de decembro, orbitaron a Lúa dez veces no seu módulo de comando e voltaron á Terra o 27 de decembro. A impresionante lista de “primeiras veces” da misión Apollo 8 inclúe: os primeiros humanos en viaxar á Lúa terrestre, a primeira vez en voar usando o foguete Saturno V e a primeira en fotografar a Terra desde o espazo fondo. Mentres o módulo de comando da Apollo 8 arrodeaba a cara afastada da Lúa, a tripulación puido mirar cara o horizonte lunar e ollar á Terra que parecía mencer, debido ao movemento orbital da nave espacial. A súa famosa fotografía dunha Terra azul afastada por riba do limbo da Lúa foi un regalo marabilloso para o mundo.