Créditos da imaxe e copyright: Derrick Lim
Explicación: recoñeces esta constelación? Aínda que é un dos grupos estelares máis recoñecibles do ceo, as iconas de Orión non se ven tan coloridas no ollo como na cámara. Neste mosaico composto dixitalmente a partires de 20 imaxes, a fría Betelgeuse, vermella e xigante, toma unha marcada cor laranxa como a estrela máis brillante da parte superior esquerda. As estrelas azuis e quentes de Orión son numerosas, coa superxigante estrela Rigel equilibrando a Betelgeuse abaixo á esquerda, e Bellatrix arriba a dereita. No cinto de Orión están aliñadas tres estrelas, todas a uns 1.500 anos luz de distancia, nadas a partires das nubes interestelares da constelación, ben estudadas. Por baixo do cinto hai un borrón avermellado que tamén podería resultar familiar: a gardería estelar coñecida coma a nebulosa de Orión. Finalmente, apenas visible a ollo espido pero bastante impactante aquí na cámara está o bucle de Barnard; unha enorme nebulosa de emisión gasosa ao redor do cinto e a nebulosa de Orión descuberto hai uns 100 anos polo fotógrafo pioneiro de Orión E. E. Barnard.