
Créditos da imaxe e copyright: Manuel Fernández Suárez Explicación: estrelas novas e quentes e piares cósmicos de gas e po parecen aglomerarse no interior de NGC 7822. Na fronteira dunha
nube molecular xigante cara a setentrional
constelación de Cefeo, a brillante rexión de formación estelar ubícase a uns 3.000 anos luz de distancia. Dentro da nebulosa, bordos brillantes e formas escuras están resaltadas nesta
paisaxe celeste chea de cor. A imaxe inclúe datos de filtros de
banda estreita, cartografando emisións do osíxeno atómico, hidróxeno e xofre en tons azuis, verdes e vermellos. A emisión atómica está
alimentada pola potente radiación das estrelas quentes, cuxos poderosos ventos e radiación tamén esculpen e erosionan as formas dos piares máis densos. As estrelas aínda poderían estar a formarse
no interior dos piares por
colapso gravitacional, pero mentres os piares se erosionan, calquera formación de estrelas éstá desconecta en última instancia da súa reserva de
material estelar. Este campo abarca uns 40 anos luz á distancia estimada de NGC 7822.
Texto orixinal no APOD.