Os terreos de Huygens en Titán

Os terreos da Huygens en TitánCréditos da imaxe: ESA / NASA / JPL / University of Arizona
Explicación: a sonda Huygens da ESA, ceibada pola Cassini que anda ligada a Saturno, tomou terra sobre a lúa máis grande do planeta anelado, Titán, facéndose dez anos o 14 de xaneiro de 2005. Estes paneis amosan imaxes coa perspectiva de ollo de peixe feitas durante o seu lento descenso con paracaídas ao través da densa atmosfera de Titán. Tiradas polo cámara radiométrica e espectal da sonda no rango de altitudes que vai desde os 6 quilómetros (arriba á esquerda) ata os 0,2 quilómetros (abaixo á dereita) por riba dunha superficie da lúa abraiantemente semellante á Terra de canles escuras, planicies aluviais e cristas brillantes. Pero cunhas temperaturas achegadas aos -290 ºC, os líquidos que flúen por toda a superficie de Titán son os hidrocarburos metano e etano, non auga. Despois de facer a aterraxe máis afastada da Terra para unha sonda especial, a Huygens transmitiu datos durante máis dunha hora. Os datos da Huygens e unha década de exploración pola Cassini amosaron que Titán é un mundo prometedor para albergar unha química complexa de compostos orgánicos, accidentes xeográficos dinámicos, lagos, mares e un posible océano por baixo da superficie de auga líquida.