Créditos da imaxe e copyright: Chris HetlageExplicación: ocorrendo en parellas afastadas por uns cen anos, ata o de agora só houbo oito tránsitos de Venus desde a invención do telescopio en 1608. O vindeiro será en decembro de 2117. Pero moitos telescopios e cámaras modernos enfocaron ao
tránsito de Venus desta semana, captando o planeta
nun estraño perfil contra o Sol. Nesta definida imaxe telescópica desde Georgia (EUA), empregouse un filtro de banda estreita en
H-alfa para amosar o disco planetario redondo contra unha superficie solar con manchas e con
filamentos escuros, manchas solares e prominencias. O propio tránsito durou 6 horas e 40 minutos. Historicamente, os astrónomos empregaron os momentos do tránsito desde diferentes ubicacións para triangular a distancia a Venus, mentres que os astrónomos modernos buscan planetas activamente que
transitan soles afastados.
Texto orixinal no APOD.