A galaxia NGC 2683 de canto

Créditos da imaxe e copyright: Dietmar Hager, Torsten Grossmann

Explicación: este xeitoso universo illa está catalogado como NGC 2683. Está a só 16 millóns de anos luz de distancia cara o norte da constelación de Lynx. Comparable á nosa Vía Láctea, a galaxia en espiral NGC 2683 óllase case de canto no cósmico panorama. A luz mixturada da gran poboación de vellas e amarelentas estrelas forma o notable corazón brillante da galaxia. A luz das estrelas siluetean as corredoiras de poeira ó longo dos sinuosos brazos en espiral, salpicados cos cúmulos de xoves estrelas azuis da NGC 2683. A afinada imaxe foi  tirada polas lentes dun telescopio refractor que mostra, coloridas e redondas, as estrelas brillantes da Vía Láctea, unha carencia de picos de difracción característica das imaxes dos telescopios reflectores con soporte interno. As galaxias máis lonxanas espalladas polo fondo aparecen como fontes difusas e extensas.

Texto orixinal no APOD.