Galaxia espiral NGC 5033

Créditos da imaxe e copyright: Adam Block, Mt. Lemmon SkyCenter, Universidade de Arizona

Explicación: o magnífico univeso illa NGC 5033 atópase a preto de 40 millóns de anos luz na ben adestrada constelación de Canes Venatici. Este retrato telescópico revela sorprendentes detalles dos sinuosos carreiros de poeira preto do brillante corazón da galaxia e os maxestosos (se ben relativamente delgados) brazos espirais. Inzada de rosadas rexións de formación estelar e conglomerados de estrelas azuis masivas, os brazos abranguen máis de 100.000 anos luz, semellantes en tamaño á nosa galaxia espiral Vía Láctea. Un exemplo ben estudado de galaxia activa Seyfert, a NGC 5033 ten un centro moi brillante e variable. A emisión é probablemente alimentada por una burato negro supermasivo. O núcleo brillante e rotacional da galaxia semella estar un pouco desprazado, suxerindo que a NGC 5033 é o resultado dunha antiga mistura de galaxias.

Texto orixinal no APOD.