Hickson 44 en Leo

 

Créditos da imaxe e CopyrightStephen Leshin

Explicación: Analizando os ceos na procura de galaxias, o astrónomo canadiense Paul Hickson e os seus colegas identificaron 100 grupos compactos de galaxias agora chamados, apropiadamente, Grupos Compactos de Hickson. As catro galaxias presentes nesta intrigante panorámica telescópica son un destes grupos, o Hickson 44, de preto de 100 millóns de anos luz cara á constelación de Leo. As dúas galaxias en espiral no centro desta imaxe son a NGC 3190, coas súas características corredoiras deformadas de pó, e a NGC 3187, con forma de S. Xunto coa brillante elíptica, NGC 3193, á dereita, son tamén coñecidas ccomo Arp 316. A espiral na esquina superior esquerda é NGC 3185, o cuarto membro do grupo Hickson. Como outras galaxias dos grupos de Hickson, mostran signos de distorsións e elevadas formacións de estrelas, evidencia da forza gravitacional dunha guerra que rematará por producir fusións de galaxias nunha escala de tempo cósmico. O proceso de fusión é agora comprendido como unha parte normal da evolución das galaxias, incluída a nosa Vía Láctea. Para entender a escala, NGC 3190 está preto a de 75.000 anos luz de distancia estimada de Hickson 44.

Texto orixinal no APOD.