Cúmulo de abrocho estelar en NGC 3603

ngc3603_hubble_960Créditos da imaxe: NASA, ESA, Hubble Heritage (STScI/AURA)-ESA/ Hubble Collaboration;
Agradecementos: J. Maiz Apellániz (Inst. Astrofísica Andalucía) et al. e Davide de Martin (skyfactory.org)
Explicación: a só 20.000 anos luz do Sol atópase NGC 3603, un residente do achegado brazo espiral Carina da nosa galaxia Vía Láctea. NGC 3603 é ben coñecido polos astrónomos ao ser unha das meirandes rexións de formación estelar da Vía Láctea. O cúmulo estelar aberto central contén milleiros de estrelas máis masiva có noso Sol, estrelas que se formaron probablemente hai só un ou dous millóns de anos nun único estoupido de formación estelar. De feito, cóidase que o achegado NGC 3603 contén un exemplo axeitado de cúmulos de estrelas masivas que poboan as moito máis afastadas galaxias de abrocho estelar. Arrodeando o cúmulo están as nubes natais de gas interestelar brillante e po escuro, esculpidas pola enerxética radiación e os ventos estelares. Rexistrada polo Telescopio Espacial Hubble, a imaxe abarca uns 17 anos luz.