NGC 6814: a galaxia espiral de gran deseño desde o Hubble

NGC6814_hubble_960Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASA; Agradecementos: Judy Schmidt (Geckzilla)
Expicación: no centro deste apracible reuíño estelar hai probablemente un arrepiante monstro de burato negro. A espiral que o arrodea esparexe milleiros de millóns de estrelas que se están salientadas como as máis brillantes a azuis. A amplitude e fermosura da exhibición danlle ao remuíño a designación dunha galaxia espiral de gran deseño. A besta central amosa evidencias de ser un burato negro supermasivo cunhas 10 millóns de veces a masa do noso Sol. Esta criatura feroz devora estrelas e gas e está arrodeado por un foso xiratoria de plasma quente que emite chorros de raios X. A violenta actividade central dalle a denominación dunha galaxia Seyfert. Xuntos, esta beleza e besta están catalogados coma NGC 6814 e aparecen xuntos cara a constelación da Aguia (Aquila) desde hai xa milleiros de millóns de anos.