Créditos e copyright: T. Rector (U. Alaska Anchorage) e N.S. van der Bliek (NOAO/AURA/NSF)Explicación: estes
peluxes son máis grandes dos que atoparás baixo a túa cama. Localizadas en
campos ricos de estrelas e brillantes polo gas hidróxeno, estas nubes opacas de
po interestelar e gas son tan grandes que poderían ser quen de formar estrelas. O seu fogar coñécese coma
IC 2944, unha gardería estelar brillante ubicada a uns 5.900 anos luz de distancia cara a constelación de
Centaurus. O máis grande destes
glóbulos escuros, atopado por primeira vez polo astrónomo sudafricano
A. D. Thackeray en 1950, parécese a dúas nubes afastadas pero solapadas, cada unha de máis de un
ano luz de ancho. A
imaxe superior en cores simulados tirada polo
telescopio Blanco de 4 m no
Cerro Tololo (
Chile), xunto con outros datos, apunta a que os glóbulos de Thackeray se fracturan e remexen coma resultado dunha potente radiación ultravioleta que procede de estrelas quentes e novas, que xa quecen e excitan a
nebulosa de emisión brillante. Sábese que estes e outros
glóbulos escuros parecidos se asocian con outras rexións de formación estelar e poden, ao final, disiparse polo seu contorno hostil; como
cadullos cósmicos de
manteiga nunha tixola quente.
Texto orixinal no APOD.