Voando sobre a lúa Caronte de Plutón

Créditos do vídeo: NASA, Johns Hopkins U. APL, SwRI, Stuart Robbins
Explicación: agora hai a evidencia científica, con algunha licenza poética, de que o inferno se conxelou. Para comezar, a mitoloxía grega afirma que Caronte é o barqueiro do inframundo. Despois, as análises recentes dos datos tomados pola  nave espacial automática New Horizons que pasou por Caronte (a denominación da lúa máis grande de Plutón ) a fume de carozo en xullo, indica agora que a causa do enorme canón que atravesa a lúa de 1.200 km non era máis ca un mar interno conxelado. E como a auga expándese cando se conxela, a codia máis exterior, xa endurecida, rachou. Para fotografar mellor a greta, creouse dixitalmente unha viaxe imaxinaria sobre Caronte a partir de imaxes recompiladas. O vídeo publicado comeza amosando o Depósito Polar Escuro (alcumado Mordor) preto do polo norte de Caronte e despois voa sobre o dcanón de tamaño anano-planetario. Para rematar, o vídeo amosa unha protuberancia moi discutida chamada Moated Mountain. Comprender a historia de Plutón e Caronte está axudando á humanidade a entender mellor tanto os lugares máis amigables como os máis inhóspitos do Sistema Solar primitivo a partires do que se formou a Terra e a lvida acabou por emerxer dalgún xeito.