Créditos do vídeo e copyright: Matthew Holt Explicación: que está a cruzar o ceo? Aínda que se parecía un pouco a un gran meteoro,
realmente era o propulsor dun foguete chinés de volta á Terra tralo seu despegue dous días antes. Na noite do 27 de xullo, o
compoñente do foguete queceu e escachou en
pezas brillantes cando re-entraba na
atmosfera da Terra. O camiño do
propulsor que caía pasou por varios estados dos EUA, movéndose de oeste a leste, desde
California ata Utah. Normalmente os
refugallos espaciais poden distinguirse
dos meteoros pola súa velocidade lenta e un estoupido expansivo. O
vídeo publicado tomouse diante da
biblioteca de Provo City en
Utah, que
casualmente estaba ocupada por
unhas 100 persoas; moitas con teléfonos intelixentes xa fóra dos seus petos para xogar ao
Pokémon GO.