O Samaín e a nebulosa Cabeza de Pantasma

ngc2080_hubble_960Créditos da imaxe: Mohammad Heydari-Malayeri (Observatoire de Paris) et al., ESA, NASA
Explicación: a orixe do Samaín é antiga e astronómica. Desde o século V a.C., o Samaín celebrouse coma un día de media estación, un día a medio camiño entre un equinoccio (día e noite iguais) e un solsticio (día mínimo e noite máxima no hemisferio norte). Porén, cun calendario moderno aínda que o Samaín sexa hoxe, o auténtico día de media estación terá lugar a vindeira semana. Outro día de media estación é o día da Marmota (N.T.: día da Candelaria na nosa cultura). A celebración moderna do Samaín mantén raigames históricas nas vestimentas para asustar aos espíritos da morte. Quizais un tributo axeitado a esta antiga festividade sexa esta imaxe da nebulosa Cabeza de Pantasma tirada co Telescopio Espacial Hubble. Semellante á icona dunha pantasma ficticia, realmente NGC 2080 é unha rexión de formación estelar da Gran Nube de Magallanes, unha galaxia satélite da nosa propia galaxia Vía Láctea. A nebulosa Cabeza de Pantasma abarca uns 50 anos luz é amósase en cores simuladas.

N.T.: traducimos o Halloween orixinal polo noso Samaín. Ao centrarse máis na historia desta celebración que na súa concepción orixinal cremos que é máis axeitada esta equivalencia á deixar a denominación orixinal. Máis aínda cando tamén os nosos antergos castrexos celebraban especialmente as “medias estacións”.