Espectros vermellos sobre a Canle


Créditos da imaxe e copyright: Stephane Vetter (Nuits sacrees, TWAN)
Explicación: os espectros vermellos, misteriosos e incriblemente breves, sábese que ocorren ben alto sobre as tormentas do planeta Terra. Xa capturados desde a órbita baixa terrestre ou desde acións de altos voos, estes eventos bailaríns e semellantes a lóstregos foron capturados agora en fotogramas de vídeo desde un pousadoiro do cumio dunha montaña ao norte de Francia. Tirada durante a noite do 28 de maio, a vista destaca pola claridade e a falta de obstáclos, mirando cara unha tormenta de varias células que rabea sobre a Canle da Mancha a uns 600 quilómetros de distancia. Cunha duración de só uns poucos milisegundos, a asociación do espectro vermello coas tormentas xa se coñecía. Aínda así, hai moito misterios sobre as aparicións fuxidías que inclúe a natureza da súa relación con outros fenómenos de lóstregos da atmosfera superior como os chorros azuis ou satélites que detectaron flashes gamma terrestres.