Un ventilador de luminescencia desde o lago ao ceo


See Explanation. Clicking on the picture will download the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e copyright: Dave Lane
Explicación: por que semella o ceo un ventilador xigante? A luminescencia. O brillo verde intermitente que se amosa parecía erguerse desde un lago ao través do arco da nosa galaxia Vía Láctea, tal e como se captou o verán pasado preto de Bryce Canyon en Utah (EUA). O estraño deseño foi creado polas ondas de gravidade atmosféricas, ondulacións de presión alterna de aire que poden medrar coa altura mentres o aire rarea, neste caso a uns 90 quilómetros de altura. A diferencia das auroras que son alimentadas por colisións de partículas cargadas enerxeticamente e que se observan a latitudes altas, a luminiscencia débese á quimio-luminiscencia, a produción de luz nunha reacción química. A luminiscencia , que se olla normalmente preto do horizonte, evita que o ceo nocturno sexa completamente escuro.

APOD galego en directo: charliña sobre as fotos do ano 2015 en Ourense, Vigo e Santiago de Compostela. Consulta lugar, día e hora.